A Xunta dá luz verde ao proxecto dunha nova senda peonil na AC-542 ao seu paso por Ordes

ACoruñaXa
A actuación, cun investimento de case 1,2 millóns de euros, creará un itinerario de 1.780 metros ata a N-550 no Mesón do Vento e reforzará a seguridade nun eixo vencellado ao Camiño Inglés
ORDES senda peonil
13 Jan 2026

A Xunta de Galicia aprobou o proxecto de trazado para construír unha nova senda peonil na estrada autonómica AC-542, no termo municipal de Ordes, unha intervención coa que se busca mellorar a mobilidade a pé e a seguridade viaria nunha vía de especial tránsito.

O investimento previsto achégase aos 1,2 millóns de euros e permitirá executar un novo itinerario de 1.780 metros, pensado para dar continuidade á senda xa existente e conectala coa N-550 á altura do Mesón do Vento. O proxecto estrutúrase en dous tramos ao longo da AC-542.

Segundo a documentación do Goberno galego, o primeiro treito partirá do punto quilométrico 19+600, desde a senda xa construída na marxe dereita, e avanzará ata a beirarrúa situada no punto 20+920. A partir de aí, o segundo tramo discorrerá pola marxe esquerda ata a glorieta de conexión coa N-550.

Desde o Concello de Ordes destacan que a actuación reforzará a seguridade e a mobilidade peonil nun eixo clave tamén polo paso do Camiño Inglés.

A folla de ruta marcada pola Xunta inclúe agora a convocatoria do levantamento de actas previas das expropiacións, a redacción do proxecto construtivo e a súa aprobación antes de sacar a obra a licitación

⚙ Configurar cookies
0.07991886138916