A Xunta concede axudas para financiar actividades de ANPAS e centros de Educación Especial

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A partida de 66.298 euros permitirá cubrir gastos de xestión, administración e mantemento de 26 entidades
Imaxe recurso dun pai coa súa filla indo á escola
8 Aug 2024

A Consellería de Formación Profesional, outorgou este ano axudas para apoiar a actividade de 26 entidades, incluíndo confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e ANPAS de centros de Educación Especial.

A partida destinada para estas axudas ascende a 66.298 euros, o que supón un incremento do 10% con respecto ao ano anterior. Estas subvencións teñen como obxectivo contribuir ao financiamento de actividades, así como cubrir gastos de xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións das entidades beneficiarias durante o período subvencionado.

A Consellería tamén destacou que estas axudas son compatibles con outras subvencións concedidas por administracións públicas ou entes nacionais e internacionais.

As entidades beneficiarias e os seus respectivos concellos son os seguintes:

  • A Coruña: CONFAPA, Federación provincial ANPAS centros públicos-FAPA Coruña, Federación centros públicos “A Costa da Morte”, ANPA CEE Amicos, Confederación ANPAS galegas, Federación de centros públicos Compostela, ANPA Colexio Duques de Lugo.
  • Lugo: FAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos, FAPA Lugo, ANPA CEE Santa María, ANPA CEE “Infanta Elena”.
  • Ourense: CONGAPA, Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas, Federación de ANPAS de Centros Privados e Concertados, ANPA CEE O Pino.
  • Pontevedra: ANPA CEE Joaquina Sobrino, FESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos, FAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza, ANPA La Ilusión del Val Miñor, Federación de ANPAS do Val Miñor, ANPA CEE Juan XIII, Federación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA, ANPA CEE A Menela, FOANPAS Federación ANPAS “Olívica”, ANPA CEE Os Mecos, FEAPA Pontevedra.

Estas axudas representan un importante apoio para as asociacións e centros educativos, facilitando a continuidade e a calidade das súas actividades e servizos.

0.15877485275269