A Xunta avanza na instalación dos pantaláns da plataforma flotante do Parrote

ACoruñaXa
A estrutura contará con doce módulos e permitirá reforzar o uso náutico e recreativo da zona portuaria
A CORUNA obras pantalan parrote
6 Aug 2025

A Xunta iniciou esta semana a colocación dos pantaláns da plataforma flotante do Parrote, un proxecto que xa acada o 70 % de execución e que se prevé rematar a finais do verán.

A estrutura contará cun total de doce módulos de cinco metros de ancho por doce de longo, construídos en formigón armado. Estes elementos foron prefabricados en Malpica e están a chegar ao porto coruñés en transporte especial, dous en dous, para a súa posterior colocación e ancoraxe sobre os mortos xa instalados.

Unha vez completada esta fase, procederase ao ancorado definitivo e á colocación do pavimento de madeira que cubrirá a superficie. A nova infraestrutura, cun investimento de 2,9 millóns de euros, permitirá o desenvolvemento de actividades náuticas de recreo nunha zona máis accesible e moderna.

⚙ Configurar cookies
0.16915583610535