A Xunta avala a campaña ‘Persoas vs Algoritmos’ para reivindicar as librarías de proximidade en Galicia

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración salientou hoxe o alcance da campaña ‘Persoas vs Algoritmos’, promovida pola Federación de Librarías de Galicia co respaldo da Xunta, unha iniciativa que busca poñer en primeiro plano as librarías de barrio fronte ao consumo despersonalizado.
No marco do peche da campaña, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou tres librarías da cidade da Coruña para coñecer de primeira man a acollida da acción e intercambiar impresións co sector. Segundo trasladou, as librarías non son só puntos de venda, senón espazos de encontro que fomentan a lectura, a sociabilidade e a oferta cultural de proximidade.
Alén puxo en valor o asesoramento personalizado que ofrecen as librei ras, a capacidade de prescripción e o coñecemento do catálogo como sinais de identidade que marcan diferenza fronte aos algoritmos. Tamén recoñeceu o esforzo de innovación dun sector que combina recomendación tradicional con novas ferramentas dixitais para chegar a públicos diversos e dinamizar a vida dos barrios.
Desde a Federación de Librarías, impulsora da campaña, deféndese que ‘Persoas vs Algoritmos’ visibiliza a utilidade social destes establecementos: acompañan lectoras e lectores, programan clubes de lectura, presentacións e obradoiros, e tecen comunidade arredor do libro. A Xunta, pola súa parte, reiterou o compromiso co comercio de proximidade e co tecido libreiro como peza estratéxica do ecosistema cultural e comercial galego.