A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no oeste da Coruña desde esta tarde

ACoruñaXa
Suspéndese a actividade e o deporte federado no mar ata o amencer do domingo
A CORUÑA temporal
3 Jan 2026

A Xunta activou para hoxe, 3 de xaneiro, a alerta laranxa por temporal costeiro no oeste da provincia da Coruña e trasladou o aviso, a través do 112 Galicia, a concellos das zonas afectadas, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntariado de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros, co obxectivo de reforzar a prevención e a coordinación.

Segundo a Aemet, o episodio adverso comezará a notarse desde primeira hora da tarde, con vento do nordés que pode acadar forza 8 no tramo marítimo comprendido entre Fisterra e as Sisargas.

Como medida de seguridade, a Secretaría Xeral para o Deporte comunicou a suspensión das actividades do programa Xogade e da práctica federada no mar nos concellos da costa coruñesa desde esta tarde e ata o amencer do domingo.

A Xunta insiste en non achegarse á liña de costa (diques, rompentes e paseos marítimos), extremar as precaucións se se vai realizar calquera actividade no mar e revisar cabos e amarras das embarcacións. Tamén recomenda consultar a web do CIAE 112 (Axega112), con información meteorolóxica e ligazóns de interese.

⚙ Configurar cookies
0.07966685295105