A Xunta acomete hoxe a rehabilitación da glorieta elevada de Sabón en Arteixo

ACoruñaXa
As obras, que contan cun investimento de 36.300 euros, implican o peche temporal da parte elevada da glorieta, desviándose o tráfico polo nivel inferior
Imaxe aérea da rotonda de Sabón
23 Out 2024

A Xunta de Galicia está a realizar hoxe, mércores 23 de outubro, traballos de rehabilitación na glorieta elevada de Sabón, no concello coruñés de Arteixo. Este punto é clave ao conectar estradas como a AC-552, a AC-551 e a Avenida da Deputación, que dá acceso ao polígono industrial de Sabón.

A actuación, cun investimento de 36.300 euros, inclúe o fresado do firme tanto nos accesos como na propia rotonda, a reposición do pavimento con mestura betuminosa en quente e o repintado das liñas de sinalización viaria.

Os traballos desenvolveranse ao longo do día de hoxe, entre as 9:00 e as 19:00 horas, aproveitando as previsións meteorolóxicas favorables. Durante este tempo, a parte elevada da glorieta permanecerá pechada ao tráfico, desviándose a circulación polo nivel inferior.

 

0.1916708946228