A Xunta abre un mes para achegas ao plan de conservación da Torre de Hércules

ACoruñaXa
A contorna da Torre de Hércules, cunha superficie de 40 hectáreas e destacados valores naturais, entra nun proceso clave para garantir a súa protección
Torre Hercules Xunta conservación
23 Dec 2024

A Xunta de Galicia someterá a información pública, a partir de mañá e durante un mes, o proxecto de decreto para a aprobación do plan de conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules. O obxectivo é protexer os valores ecolóxicos, paisaxísticos e patrimoniais desta emblemática contorna, que abarca preto de 40 hectáreas ao redor do histórico faro herculino.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou hoxe a Coruña para anunciar que todas as persoas e entidades interesadas poderán enviar suxestións ata o próximo 23 de xaneiro. As achegas poderán realizarse telematicamente a través do portal de transparencia da Xunta, por correo electrónico ou mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Declarada ENIL de xeito provisional en 2020, a contorna da Torre de Hércules conta cunha gran biodiversidade. Entre as especies máis destacadas figuran a vacaloura, o ourizo e o morcego común, así como variedades de flora como a Armeria maritima. Tamén posúe características paisaxísticas únicas, funcionando como miradoiro natural cara o Atlántico e as rías do Golfo Ártabro.

O plan de conservación estipula que a responsabilidade de xestión corresponderá ao Concello da Coruña, que deberá garantir fondos anuais suficientes para preservar este espazo natural e levar a cabo as medidas necesarias.

 

⚙ Configurar cookies
0.60293292999268