A XIII Feria Modernista de Sada terá lugar a última fin de semana de xullo
Esta próxima fin de semana, entre os días 26 e 28 de xullo, o Concello de Sada organiza a décimo terceira edición da Feira Modernista, un evento que xa se consolidou como unha cita ineludible no calendario cultural e festivo da nosa localidade. Como todos os anos, o epicentro deste evento serán os xardíns do paseo marítimo, na contorna do edificio da Terraza. Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán gozar dunha programación variada e rica en actividades culturais e de lecer.
O inicio oficial da Feira Modernista terá lugar ás 17h do venres coa apertura do Mercado Modernista, que contará cunha coctelería e postos variados nos que mercar produtos de época. Unha parte fundamental desta feira é a música e o baile. Durante toda a fin de semana, os asistentes poderán gozar de espectáculos de baile e animación musical de rúa que engadirán un toque festivo e colorido á feira. Polas noites, pecharán a xornada as bandas Gallaecia Small Band, Whateever Jazz Band, Potato Head Jazz Band e Tropical Jazz Band pecharán. Por outra banda, na mañá do sábado poderemos desfrutar da sempre animada proposta escénica da Escuela de Baile Carmen López. Ademais, nas tardes do sábado e domingo haberá distintos espectáculos de clown e maxia para o público familiar.
Entre as actividades programadas para o domingo destaca unha que de seguro animará a moitos veciños para achegarse ata a praia das Delicias: o bautismo en globo aerostático. O Concello recupera esta actividade que tanta expectación causou noutras edicións e que complementa ao carrusel instalado xa ao carón do río Maior para desfrute dos máis pequenos. Outro dos momentos máis destacados da Feira Modernista ano tras ano e o xa tradicional pícnic do domingo, que este ano vira precedido dunha sesión vermú amenizado polo grupo Le Barluthier.
A Feira Modernista de Sada tamén é un momento único para poñer en valor o noso patrimonio. Por iso o Concello programa ás 19h do venres na Capela de San Roque unha conferencia sobre arquitectura modernista a cargo do arquitecto Alberto Valcárcel, quen tamén dirixirá os dous roteiros didácticas programadas para o sábado ás 12h (saída desde a Terraza) e 18h (saída desde a Casa da Cultura) coas que poderemos coñecer un pouco máis achega do impacto que tivo na vila o movemento modernista desde o punto de vista arquitectónico.
Desde o Concello de Sada queren destacar que a XIII Feira Modernista de Sada é posible grazas á implicación activa da veciñanza e comercios de Sada que cada ano súmanse a esta celebración. É por iso que animan a todas as persoas a recuperar as vestimentas da época; preparar gorras, tirantes, colares e paxarelas achegándose ata o comercio local para preparar esta festa que xa é unha icona do municipio.