A VIII Festa Choqueira encherá de disfraces e música a Sala Josfer, no Mesón do Vento, este domingo

ACoruñaXa
A ANPA do CEIP Mesón do Vento organiza a cita infantil o 22 de febreiro, ás 16.30 horas, con agasallos para a rapazada, sorteos e sorpresas
ORDES 8 festa choqueira
18 Feb 2026

O Entroido terá esta fin de semana unha das súas paradas máis familiares no concello de Ordes. A Sala de Festas Josfer, no Mesón do Vento, acollerá o domingo 22 de febreiro, a partir das 16.30 horas, a VIII Festa Choqueira, unha celebración pensada para que a rapazada poida gozar dunha tarde de festa con ambiente de disfraces.

A organización corre a cargo da ANPA do CEIP Mesón do Vento, que mantén esta convocatoria como unha cita xa consolidada no calendario do Entroido local. No programa anúncianse sesión musical, agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, sorteos e ‘moitas sorpresas’.

En canto aos prezos, a entrada terá un custo de 4 euros para persoas adultas e 3 euros para público infantil. Ademais, o sorteo contará cun importe adicional de 1 euro.

⚙ Configurar cookies
0.088267803192139