A VII Xuntanza Veciñal de Armentón ofrecerá unha gran pulpada con música, baile e sorteos o 14 de setembro

ACoruñaXa
O evento gastronómico, organizado pola A.VV. Valle de Armentón coa colaboración do Concello de Arteixo, incluirá sesión vermú, menú completo e a animación musical do Dúo Karamba
ARTEIXO gran pulpada AVV Armenton
12 Sep 2025

O vindeiro 14 de setembro, Armentón volverá reunir á veciñanza e visitantes na súa tradicional cita gastronómica coa celebración da VII Xuntanza Veciñal – Gran Pulpada. A festa terá lugar na explanada do Igrexario, con aparcamento gratuíto dispoñible para todos os asistentes.

A xornada arrancará ás 13.30 horas coa sesión vermú, para logo dar paso a unha tarde chea de música e baile da man do Dúo Karamba, que será o encargado de animar o encontro cun repertorio variado para todas as idades.

O menú deste ano inclúe entrantes, polbo a fartar, sobremesa, bebida e chupitos, sempre coa calidade e sabor tradicional da recoñecida Pulpeira Guerra. O prezo é de 38 euros para adultos e 18 euros para nenos de 6 a 11 anos.

Durante a celebración tamén se realizarán sorteos con diferentes agasallos, que engadirán emoción a unha cita pensada para gozar en familia.

As entradas poden adquirirse a través dos membros da directiva ou chamando ao teléfono 660 352 207, ata esgotar existencias.

A organización corre a cargo da A.VV. Valle de Armentón, contando coa colaboración do Concello de Arteixo, que apoia esta iniciativa como parte da promoción da convivencia e o tecido asociativo da parroquia.

⚙ Configurar cookies
0.18126487731934