A veciñanza de Miño viaxará no autobús do teatro cun programa do Centro Dramático Galego

ACoruñaXa
Para asistir á obra 'A burra, a mesa e o pau' de Lorena Conde no Salón Teatro da capital galega
Bus-Teatro-minho
9 Mar 2025

A poboación de Miño terá a oportunidade de subir ao autobús do teatro grazas ao programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. A institución anima a toda a veciñanza do Concello a gozar do teatro con todas as comodidades, ofrecendo un servizo de autobús ata Santiago de Compostela para asistir a unha representación teatral.

Concretamente, o sábado 15 de marzo sairá o autobús desde a Casa do Concello de Miño ás 15.45 horas para asistir á obra 'A burra, a mesa e o pau' de Lorena Conde, que se representará no Salón Teatro da capital galega. Os e as participantes asistirán á función das 18.00 horas e o autobús de volta partirá cara a Miño ás 20.00 horas.

O prezo da actividade é de 5 euros, e as persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse ata o mércores 12 de marzo a través do teléfono 627 459 382 ou no correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal.

⚙ Configurar cookies
0.28026604652405