A Universidade Sénior de Arteixo xa ten dispoñible a listaxe de admitidos e o programa da 4ª edición

A cuarta edición do Programa de Democratización do Coñecemento en Arteixo, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Arteixo, publica a listaxe de persoas admitidas para o curso 2025.
O curso comeza o luns 13 de outubro na Capela do Balneario e consta de tres módulos impartidos por profesorado universitario. O módulo de Humanidades e Ciencias Sociais abordará temáticas como cine, economía e literatura. O bloque de Ciencias da Terra e Tecnoloxía inclúe contidos sobre biodiversidade, evolución e intelixencia artificial. Finalmente, o módulo de Ciencias da Vida e da Saúde tratará cuestións relacionadas co cambio climático, as enfermidades cardiovasculares e o benestar psicolóxico.
O programa está dirixido a maiores de 50 anos e procura achegar formación universitaria adaptada a un público adulto, combinando achegas teóricas e sesións prácticas en formato accesible. As persoas admitidas e quen precisen información complementaria poden consultar a páxina do programa ou contactar coa organización a través dos canales indicados na web.