A Universidade da Coruña conmemora o Día Internacional das Mulleres cun acto institucional

ACoruñaXa
Dende a UDC reivindican maiores cotas de igualdade e representación na Universidade
20250306-8M-UDC--A-Coruña-2
6 Mar 2025

A Universidade da Coruña (UDC) celebrou o Día Internacional das Mulleres cun acto institucional na Casa do Estudantado do Campus de Elviña (A Coruña). A vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC, Cristina López Villar, foi a encargada de ler o manifesto oficial da Universidade.

Durante a lectura do manifesto, a vicerreitora destacou a importancia de continuar reclamando os dereitos das mulleres tanto dentro da universidade como na sociedade en xeral. “É fundamental saírmos ás rüas para seguir denunciando e reivindicando os nosos dereitos”, afirmou. Ademais, subliñou que, a pesar dos logros acadados, “tamén na Universidade é preciso continuar reivindicando maiores cotas de igualdade”.

Cristina López lembrou que, malia que as mulleres son maioría entre o alumnado universitario e o persoal técnico, de xestión, administración e servizos (PTXAS), e ocupan diversas vicerreitorías na UDC, “aínda queda moito camiño por percorrer”.

Nun evento que contou coa presenza da directora da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da UDC, Ana Neira Pena, e da xerenta da cooperativa Mulleres Colleiteiras, Sofía Vázquez Manzano. A comunidade universitaria uniuse a esta xornada de reivindicación pola igualdade de dereitos.

Malia que hoxe en día son maioría as mulleres que estudan na universidade, así como as que conforman o cadro de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS), e as que están á fronte das vicerreitorías da UDC, Cristina López lembrou que “aínda queda moito camiño por percorrer”. “Existen titulacións que seguen a estar masculinizadas ou feminizadas”, apuntou, e “segue existindo acoso e discriminación por razón de xénero”, engadiu.

O Manifesto 8M da UDC subliñou a necesidade de consolidar o compromiso das universidades públicas coa eliminación das fendas de xénero, a visibilización do traballo académico e profesional das mulleres e a implementación de políticas de corresponsabilidade e conciliación. "Os coidados, que como sociedade continúan a ser materia pendente, seguen a recaer nas mulleres. Por isto, é vital que ocupemos espazos de poder desde unha perspectiva feminista transformadora", subliñou a vicerreitora.

Finalmente, Cristina López Villar destacou que “é moi importante non esquecermos que aínda quedan dereitos por acadar, tamén aquí, nunha universidade pública galega”. Concluíu asegurando que a UDC manterá o seu compromiso coa igualdade de xénero e continuará traballando a prol dos dereitos das mulleres os 365 días do ano.

⚙ Configurar cookies
0.72395300865173