A unidade móbil do DNI e pasaporte visitará Teixeiro os días 19 e 20 de agosto
ACoruñaXa
As xestións realizaranse na Praza de España con cita previa obrigatoria

7 Aug 2025
A cidadanía de Teixeiro poderá renovar o DNI e o pasaporte sen desprazarse a outras localidades grazas á visita da unidade móbil da Policía Nacional os días 19 e 20 de agosto.
A atención prestarase na Praza de España en horario de 09.00 a 13.00 horas. Para poder realizar o trámite é imprescindible solicitar cita previa chamando aos teléfonos 981 789 003 ou 981 777 105.