A Unidade de Queimados do CHUAC comparte unha serie de recomendacións para a Noite de San Xoán
A Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña comparten unhas recomendacións para desfrutar con seguridade da noite de San Xoán. Xa que, unha serie de estudos realizados por eles constatan un aumento significativo de queimaduras na noite de San Xoan con respecto do resto do ano, as mais delas motivadas polas imprudencias e o consumo irresponsable de bebidas alcohólicas dos grupos de idade máis novos. As consecuencias estéticas e funcionais destas feridas son, ás veces, para toda a vida.
O xeito de reducir estas cifras é mediante a prevención e a concienciación da poboación. Por iso dende aquí presentamos unhas recomendacións básicas para previr ou minimizar a incidencia das queimaduras.
Manual de recomendacións:
Prendendo a fogueira
• O lume nunca se debe prender con líquidos inflamables (gasolina, alcohol,...)
• Cando se apañe o material que se vai botar ao lume, hai que ter en conta a súa combustibilidade e toxicidade: non usar rodas de coche, pezas de PVC, etc. (o fume pode producir intoxicacións ou irritacións respiratorias).
• As fogueiras deberanse facer a lo menos a 15 metros dos coches ou edificios, e nunca baixo unha liña eléctrica.
• Non se deben prender papeis nin tecidos, o aire pode levantalos e levalos.
• Non se deben botar esprais, bidóns, chisqueiros, etc. poden estoupar.
• Non se deben atrancar os accesos aos vehículos de emerxencia.
• Cando se deixe a fogueira queimada, débese asegurar que non reavivará o lume, para iso botarase por enriba dela area, terra, etc.
Disfrutando da fogueira
• Deberase ter conta dos nenos.
• Non é aconsellable achegarse moito ao lume, as faíscas poden prender na roupa.
• Non se debe xogar, empurrar ou correr preto da fogueira.
• Se se ten pensado saltar a fogueira:
- Acudir con roupa axustada e preferentemente de algodón (pantalóns vaqueiros) e calzado axeitado (calzado pechado, sen tacóns)
-Hai que botar contas das posibilidades de cada un (altura das lapas, perímetro da fogueira, axilidade, consumo de alcohol, etc.)
-Asegurarse de ter o espazo suficiente da outra veira (troncos no chan, xente, etc.)
-Non se debe facer con persoas ó lombo ou nenos no colo.
-Se alguén do entorno non reúne as condicións para facelo, débese intentar persuadir para que non o faga.
Si se producen queimaduras
• Botar auga doce para arrefriar a queimadura, cubrir cun pano limpo e acudir ao punto sanitario máis próximo (protección civil, cruz vermella, servizos de urxencia).
• Se a queimadura é extensa, arrefriar pouco tempo (polo risco de hipotermia), envolver ao afectado cunha saba limpa e unha manta, e acudir canto antes a un centro sanitario.
• Non poñer cremas, pomadas, desinfectantes nin ungüentos.
Si se prende a roupa
• O primeiro de todo, e por difícil que pareza, non se debe correr. Botarse ao chan e rodar, cubrindo a cara coas mans.
• Asegurarse de que a roupa estea apagada antes de quitala e evitar sacala pola cabeza.
• Se é outra persoa a que se queima apagar o lume cubríndoa cunha prenda forte (unha cazadora) e non botar terra.
Se a situación non é controlable
• Chamar ao 112 dende calquera teléfono móbil. O servizo funciona co aparello bloqueado ou cunha pouca cobertura.