A Unidade de Música do Mando de Apoio á Maniobra dá un concerto polo Día das Forzas Armadas

ACoruñaXa
O Teatro Colón acollerá esta cita con música popular, zarzuela e composicións vinculadas coa tradición militar e cultural
Imaxe do Teatro Colón da Coruña
26 May 2025

A cidade da Coruña acollerá este martes, 27 de maio, un concerto especial da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Maniobra, no marco das actividades programadas con motivo do Día das Forzas Armadas 2025.

O evento terá lugar ás 19.00 horas no Teatro Colón, con entrada libre ata completar aforo, e ofrecerá un repertorio variado que combina música popular, zarzuela e composicións vinculadas á tradición militar e cultural.

O programa inclúe obras como "Ponteareas", do galego Reveriano Soutullo, fragmentos das zarzuelas "Katiuska" e "La del Manojo de Rosas", de Pablo Sorozábal, así como "El Sitio de Zaragoza", de Cristóbal Oudrid. Tamén se interpretarán pezas como "A lenda de Montelongo", de Bernardo del Río, e "La Boda de Luis Alonso", de Gerónimo Giménez.

Durante o concerto proxectaranse vídeos relacionados coas Forzas Armadas e a Garda Civil, achegando ao público unha visión máis ampla do seu labor e compromiso. Esta cita musical forma parte da programación institucional que se está a desenvolver en diversas cidades españolas para conmemorar o Día das Forzas Armadas.

 

⚙ Configurar cookies
0.16722893714905