A UDC lidera unha rede internacional de IA para diagnosticar retinopatía diabética en zonas remotas

ACoruñaXa
Un proxecto piloto en Brasil empregará retinógrafos portátiles e algoritmos de intelixencia artificial para achegar cribado oftalmolóxico a comunidades rurais
UDC proxecto brasil
10 Oct 2025

A Universidade da Coruña, a través do grupo VARPA (Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns), lidera a posta en marcha dunha rede internacional destinada a desenvolver sistemas de intelixencia artificial para a detección automatizada e caracterización da retinopatía diabética (RD). O grupo galego coordina a colaboración científica coa equipa do Instituto Federal de Piauí (IFPI) e outros socios académicos e sanitarios.

Nunha primeira fase o consorcio desplegará un proxecto piloto en varias rexións de Brasil no que se aplicarán retinógrafos portátiles para recoller imaxes de fondo de ollo e algoritmos de IA que permitan o cribado e a prioridade de derivación a atención especializada. A iniciativa integra a parte investigadora coa de cooperación comunitaria para garantir acceso ao diagnóstico en contornas rurais onde o exame oftalmolóxico chega con retardo. O proxecto conta con financiamento do CNPq e con implicación directa do IFPI e do Hospital Oftalmolóxico Bucar da localidade de Floriano.

Os responsables subliñan que a combinación de retinógrafos portátiles —tecnoloxías xa usadas con éxito en cribados con IA en outras experiencias— e modelos de aprendizaxe profunda pode acelerar a detección precoz da RD e reducir o risco de perda visual evitable. Ademais, o proxecto permitirá xerar conxuntos de datos e metodoloxías reproducibles destinadas a aplicar estas solucións en outros contextos do Sur Global. Entre os impulsores locais e internacionais participarán, segundo as reunións de lanzamento celebradas na UDC, representantes institucionais, académicos e persoal sanitario implicado no despregue.

⚙ Configurar cookies
0.069561958312988