A UDC convoca dúas bolsas para os estudantes de dereito

ACoruñaXa
O importe bruto será de 700 euros e terá unha duración de nove meses
dineiro-cartos-moedas-orzamento
Imaxe de arquivo
29 Xul 2024

O Consello Social da Universidade de Coruña fixo pública unha convocatoria de dúas bolsas de colaboración na súa sede para os estudantes do grao en dereito da UDC para completar a súa formación universitaria.

Ten unha duración de nove meses, dando comezo o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025 e os horarios serán pola mañá, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a xoves.

O importe bruto da bolsa será de 700 euros.

 

0.094652891159058