A UDC celebra hoxe as Olimpíadas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños

ACoruñaXa
A competición reune a 16 equipos equipos, 8 procedentes de centros galegos de educación secundaria, nas instalacións da Universidade da Coruña
Imaxe dos equipos participantes realizando as probas das IV Olimpíadas de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos celebradas hoxe na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
12 Abr 2024

Este venres 12 de abril, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña celebra a cuarta edición das Olimpíadas de Enxeñaría da Camiños, Canais e Portos.

O evento parte da iniciativa do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e algunhas das escolas que imparten a titulación de Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, que dá acceso a esta profesión en España, co obxectivo de dala a coñecer entre os estudantes de Secundaria.

O evento contará coa participación de 16 equipos de 8 centros de ensino secundario, que terán que superar unha serie de probas en grupos, con distinto grao de dificultade, co obxectivo de comprobar a súa capacidade de resposta rápida ante un problema, intuición, traballo en equipo e adaptación aos medios.

O concurso vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria, os cales formaron equipos de ata 5 participantes, liderados por un docente do seu centro educativo. O alumnado terá que enfrontarse a 6 probas, ligadas todas elas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 da ONU.

- A primeira proba, “Arco de doelas”, consistirá na construción dun arco de doelas no menor tempo posible e cun máximo de 15 minutos.
- Na segunda proba, “Ponte Da Vinci”, os equipos terán que construír unha ponte de taboleiros de madeira e contarán cun tempo máximo de 15 minutos.
- A terceira proba, nomeada “Presa-Dique”, baséase na construción dunha presa de materiais soltos que minoren o paso da auga, intentando que o tempo de infiltración sexa o maior posible. Contarán para realizar esta proba un tempo de 5 minutos.
- Na cuarta proba, co nome de “ A enxeñaría de camiños e as súas obras”, os estudantes terán 15 minutos para montar o maior número de crebacabezas de gran tamaño posibles con imaxes de obras de enxeñaría.
- A quinta proba, “LogisTIC, consistirá en transportar o máximo número de contedores nun tempo de 15 minutos.
- Na última proba, “Xogando a ser enxeñeiro”, terán que superar o máximo número de desafíos cun videoxogo de construción en 15 minutos.

Os vencedores desta fase local asistirán á Olimpíada Nacional de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, que terá lugar en Burgos no mes de maio.

Os equipos participantes nesta edición das Olimpíadas son:

  • CRACKS EUMESES (IES Breamo)
  • TECNOFRAGAS (IES Breamo)
  • TECNOTRASANCOS (IES TIERRA DE TRASANCOS)
  • CONST. DE TRASANCOS (IES TIERRA DE TRASANCOS)
  • PUENTES DEL EO (IES Dionisio Gamallo)
  • EONGINEERS (IES Dionisio Gamallo)
  • CASTRO DE UZ 1 (IES CASTRO DE UZ)
  • CASTRO DE UZ 2 (IES CASTRO DE UZ)
  • MIESIANOS (CPR SAGRADO CORAZON PONTEVEDRA)
  • LUIKAHNIT@S (CPR SAGRADO CORAZONPONTEVEDRA)
  • OS REVOLTOGOSOS (IES ORTIGUEIRA)
  • KOKONUPI (IES ORTIGUEIRA)
  • LOS EAGLES (IES ISAAC DIAZ PARDO)
  • LOS GOLFIS (IES ISAAC DIAZ PARDO)
  • HÉRCULES (IES ELVIÑA)
  • BREOGÁN (IES ELVIÑA)

 

 

0.088651180267334