A UDC acolle a reunión do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina en Galicia

GaliciaXa | ACoruñaXa
Nesta primeira cita definiuse o calendario de traballo que guiará os seguintes pasos do proceso
udc-medicina
23 Jun 2025

A Universidade da Coruña acolleu a reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, unha iniciativa acordada o pasado 10 de xuño no seo do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia.

O encontro, presidido pola Universidade de Vigo, contou coa participación dos reitores das tres universidades galegas: Ricardo Cao (UDC), Manuel J. Reigosa (UVigo) e Antonio López (USC). Estiveron tamén presentes representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Servizo Galego de Saúde, entre eles José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades, e Carmen Balboa, vicexerenta do SERGAS.

Xunto a eles, participaron profesionais destacados da sanidade e do eido académico, como José Carreira, decano da Facultade de Medicina; José Ramón González, xefe do Servizo de Cardioloxía e Unidade de Coidados Críticos do CHUS e catedrático da USC; Juan Carlos Vázquez, xefe de Otorrinolaringoloxía do CHUAC e docente da UDC; e Ana Concheiro, xefa do Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Vigo e tamén docente da USC.

Nesta primeira sesión oficial, centrada na posta en marcha do propio grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e definiuse o calendario de traballo que guiará os seguintes pasos do proceso. Con este avance, o sistema universitario e sanitario galego dá un primeiro paso cara a unha posible reorganización territorial dos estudos de Medicina.

⚙ Configurar cookies
0.1709520816803