A tradición e as cacharelas non faltaron nesta noite de San Xoán na comarca

ACoruñaXa
Non faltou a cita coa sardiña, que reuniu a centos de persoas arredor do lume e da música
san-juan-comarca
24 Jun 2025

A comarca viviu unha noite de San Xoán marcada polo lume purificador, as sardiñas e o reencontro coas tradicións populares, cunha alta participación veciñal nos diferentes concellos.

En Bergondo, veciñas e veciños gozaron da festa arredor de máis de 200 lumaradas repartidas por todo o municipio: "24 en Gandarío, 10 no Pedrido e 211 en vivendas particulares", segundo informou o Concello, que destacou o ambiente festivo e o protagonismo das sardiñadas como parte esencial da celebración.

En Curtis, o lume tamén estivo presente practicamente en cada aldea. Este ano, rexistráronse "142 solicitudes de cacharelas, case unha por cada un dos 143 núcleos de poboación do noso concello. Unha mostra máis da forza desta tradición que nos une, alumea e purifica cada solsticio de verán", sinalou o goberno local.

Pola súa banda, Ordes contou cun total de máis de 300 cacharelas rexistradas, unha cifra que reflicte "o espírito festivo e as ganas de compartir esta tradición tan nosa", segundo destacaron desde o Concello.

Tamén Sada celebrou a noite con intensidade e sabor, cunha gran sardiñada que reuniu a centos de persoas arredor do lume e da música, mantendo viva unha das festas máis simbólicas do calendario galego.

En conxunto, a noite de San Xoán reafirmouse como unha das máis esperadas e vividas na comarca, cunha participación masiva e un forte compromiso coa tradición, a convivencia e o respecto polo entorno.

⚙ Configurar cookies
0.18361186981201