A subdelegación do Goberno na Coruña celebra a 'Semana da Administración Aberta' con visitas guiadas teatralizadas
A sede da subdelegación do Goberno na Coruña organiza visitas teatralizadas que se realizaran os días 11 e 12 de xuño con motivo da semana da administración aberta.
Logo da boa acollida que tiveron as visitas postas en marcha no ano pasado, a subdelegación do Goberno abre de novo as súas portas durante dúas tardes para que se podan visitar as principais dependencias.
As visitas serán dirixidas por Suso Martínez, historiador, divulgador e guía-actor turístico, un referente na realización de visitas guiadas teatralizadas, encarnando unha personaxe, entre real e ficticia, coa que narrará as grandes e pequenas historias relacionadas co devir do edificio que foi sede da Aduana, do Goberno Civil e hoxe da subdelegación de Goberno.
Na visita farase referencia á historia do edificio que foi construído no século XVIII para servir de sede da Aduana, xa no ano 1947 foi rehabilitado como sede do Goberno Civil da Coruña, e actualmente acolle a subdelegación do Goberno.
Durante a visita poderase ver a primeira planta, onde están situados os despachos oficiais da subdelegada do Goberno, María Rivas e da Vicesecretaria de la Delegación del Goberno en Galicia, Eva Vázquez, así como sala de xuntas. Xa na segunda planta poderanse visitar varias estancias que conforman a antiga residencia dos Gobernadores Civís co seu mobiliario.
Dentro dos espazos que se van a poder visitar, consérvanse diferentes pezas destacadas como a cadeira de brazos dos antigos gobernadores civís de comezos do século XX, as mesas de despacho, a mesa que se utilizou para os “consejillos” de ministros celebrados por Arias Navarro na Coruña en 1974 e 1975 previos aos consellos de ministros celebrados en Meirás e parte do comedor oficial dos gobernadores civís.
A Semana do Goberno Aberto (OGW) é unha iniciativa promovida pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week) a nivel mundial que ten como obxectivo difundir os seus principios e prácticas para crear unha cultura, compartida polas administracións públicas e os cidadáns, baseada nos valores de transparencia e integridade, participación cívica e promoción dos dereitos fundamentais, así como a rendición de contas.
España pertence á Alianza de Goberno Aberto desde 2011, e desde entón participou na organización e celebración de seis edicións, nas que revalidou o seu liderado entre os Estados membros da Alianza na organización de actividades para promover a a cultura do goberno aberto.
A Semana da Administración Aberta ten como finalidade a organización de eventos para achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración. En 2024, fixouse a celebración da Semana da Administración Aberta do 10 ao 16 de xuño.