A Sementeira de Cambre leva o seu Concerto de Nadal ao auditorio do Conservatorio de Culleredo

O Coro e Banda de Música Sementeira de Cambre celebrarán estas festas cun Concerto de Nadal programado para o domingo 21 de decembro de 2025, ás 20.00 horas, no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
A proposta busca converterse nun encontro musical para todos os públicos, cun repertorio pensado para vivir o espírito do Nadal a través da música nun ambiente especialmente festivo.
Nesta edición, ademais, o concerto terá tamén un compoñente solidario: a Sementeira colaborará coa Despensa Municipal de Cambre cunha recollida de alimentos, na que a organización anima a participar a todas as persoas asistentes. 'Toda axuda será benvida', sinalan.