A segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia resplandecerá con voces femininas e talento local
A segunda xornada da 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia traerá unha destacada programación musical que celebrará a riqueza das voces femininas e o talento local. O xoves 8 de agosto, a música volverá encher os espazos emblemáticos da cidade, como o Campo da Leña, a praza de Azcárraga, o parque de Santa Margarida e o Castelo de Santo Antón. Pepo Suevos e Paco Nogueiras tamén estarán presentes con ‘Contos ao Noroeste’ e o ‘Noroestiño’ ás 19:00 horas.
Os concertos comenzarán ao mediodía coa actuación dos coruñeses Lemot e Garufa Blue Devils Big Band na praza de Azcárraga e no Campo da Leña. Xa pola tarde, Virgina Red (20.00 horas), Imägo (22.30 horas) e Soul Teller and The Soul and Love Band (00.30 horas) actuarán na praza de Azcárraga. No Campo da Leña, o público poderá disfrutar de Zålomon Grass (20.30 horas), Kamikaze Helmets (22.00 horas) e Repion (23.30 horas).
No Castelo de Santo Antón, os concertos serán protagonizados por Trío da Kali (19.30 horas) e José Ignacio Lapido (21.00 horas). A pesar de que os convites para estas actuacións xa están esgotados, se queda algún espazo dispoñible unha vez comezado o concerto, poderá accederse por orde de chegada. No parque de Santa Margarida, Caamaño&Ameixeiras (21.00 horas), BCUC (22.45 horas) e Chambao (00.30 horas) completarán a programación.
O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa apostando por un evento que se estenda por diversos espazos da cidade e que presente unha ampla variedade de estilos musicais. Este ano, a programación tamén inclúe as seccións Contos ao Noroeste e Noroestiño, reunindo grandes nomes internacionais e nacionais con artistas galegos e locais emerxentes.
Mercado de Discos do Noroeste
Este ano tamén se celebrará, por terceiro ano consecutivo, o Mercado de Discos do Noroeste, un punto de encontro para coleccionistas, expositores e amantes da música. O mercado reunirá máis de 20.000 unidades, incluíndo vinilos e CDs, así como tocadiscos e equipos de segunda man. O evento terá lugar na rúa Real, con entrada libre os días 9, 10 e 11 de agosto, e contará cun horario de venres de 17.00 a 20.00 horas e sábado e domingo de 11.00 a 20.00 horas.
As actividades complementarias inclúen unha exposición fotográfica e a audición comentada do disco ‘Casanova de Eiris’ por Nonito Pereira Rey.
A continuación, detállase a programación diaria do festival:
Mércores 7 de agosto
-Concertos:
13.00 horas - Hormigonera (Campo da Leña)
14.00 horas - Travis Birds (Praza da Azcárraga)
19.30 horas - Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón)
20.00 horas - Patax (Praza da Azcárraga)
20.30 horas - Tiburona (Campo da Leña)
21.00 horas - Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón)
21.00 horas - Lura (Santa Margarida)
22.00 horas - Zënzar (Campo da Leña)
22.30 horas - Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga)
22.45 horas - Salif Keita (Santa Margarida)
23.30 horas - Meu (Campo da Leña)
00.30 horas - Terrae (Santa Margarida)
00.30 horas - Martha High (Praza da Azcárraga)
-Contos ao Noroeste:
19.00 horas - Bea Campos (Praza das Bárbaras)
-Noroestiño:
19.00 horas - Pakolas (Xardíns de Méndez Núñez)
Xoves 8 de agosto
-Concertos:
13.00 horas - Lemot (Campo da Leña)
14.00 horas - Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)
19.30 horas - Trío da Kali (Castelo de San Antón)
20.00 horas - Virgina Red (Praza da Azcárraga)
20.30 horas - Zalomon Grass (Campo da Leña)
21.00 horas - Lapido (Castelo de San Antón)
21.00 horas - Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)
22.00 horas - Kamikaze Helmets (Campo da Leña)
22.30 horas - Imägo (Praza da Azcárraga)
22.45 horas - Bcuc (Santa Margarida)
23.30 horas - Repion (Campo da Leña)
00.30 horas - Chambao (Santa Margarida)
00.30 horas - Soul Teller + The Soul & Love Band (Praza da Azcárraga)
-Contos ao Noroeste:
19.00 horas - Pepo Suevos (Praza de Pontevedra)
-Noroestiño:
19.00 horas - Paco Nogueiras (Xardíns de Méndez Núñez)
Venres 9 de agosto
-Concertos (Praia de Riazor):
21.15 horas - Fillas de Cassandra
22.30 horas - Xoel López
00.30 horas - Crystal Fighters
-Contos ao Noroeste:
19.00 horas - Atenea García (Praza de Vigo)
-Noroestiño:
19.00 horas - Os Monifates (Xardíns de Méndez Núñez)
Sábado 10 de agosto
-Concertos (Praia de Riazor):
21.00 horas - Triángulo de Amor Bizarro
23.00 horas - Vetusta Morla
01.00 horas - The Rapants
-Contos ao Noroeste:
13.00 horas - Leti da Taberna (Praza do Humor)
19.00 horas - Celso Sanmartín (Praza das Bárbaras)
-Noroestiño:
19.00 horas - Fran Amil (Xardíns de Méndez Núñez)
Domingo 11 de agosto
-Contos ao Noroeste:
13.00 horas - Marita Martínez (Praza de Pontevedra)
20.00 horas - Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga (Santa Margarida)
-Noroestiño:
13.00 horas - Magín Blanco e a Banda das Apertas (Xardíns de Méndez Núñez)