A rotonda de Sabón, en Arteixo, sufrirá un corte nocturno no anel inferior por obras

A Xunta de Galicia informa de que a rotonda de Sabón, no Concello de Arteixo, rexistrará un corte da circulación no seu anel inferior para a execución de traballos de conservación de firme.
As actuacións realizaranse en horario nocturno co obxectivo de minimizar a afección ao tráfico. O corte comezará o martes 6 de maio, a partir das 20.00 horas, e estenderase ata as 06.00 horas do mércores 7 de maio.
Durante ese período, quedará inhabilitado o anel inferior da rotonda, e os movementos de circulación resolveranse polo anel superior. Aproveitando os traballos, tamén se levarán a cabo reparacións puntuais de firme nos ramais de acceso á rotonda.