A Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña mantén un verán cheo de actividades e innovación

ACoruñaXa
Os 11 espazos de traballo colaborativo impulsan formación, eventos e proxectos con especial atención ao emprendemento rural e a tecnoloxía
A CORUNA rede provincial coworking
12 Aug 2025

Durante este verán, os 11 espazos que forman parte da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña manteñen unha actividade intensa para fomentar o emprendemento e dinamizar a economía local.

En Oleiros, o coworking do Pazo de Arenaza foi o escenario do evento Tecendo Redes, organizado pola empresa Permae Ser. Esta iniciativa profesional centrouse en fortalecer a colaboración entre empresas ao redor da sostibilidade, a transición enerxética e a economía circular, aspectos claves para o desenvolvemento empresarial da comarca.

Pola súa banda, a Casa do Pescador, en Miño, continúa sendo un punto de referencia para as persoas emprendedoras da zona, ofrecendo espazos de traballo e apoio para o impulso de proxectos con impacto directo na economía e comunidade local.

Estes dous espazos, xunto cos outros nove da Rede Provincial, preparan a súa participación na segunda edición do Rede Coworking Fest, que se celebrará do 15 ao 21 de setembro. Durante esa semana, organizaranse numerosas actividades formativas, charlas e obradoiros destinados a fortalecer as redes de contacto e fomentar o emprendemento na provincia da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.205237865448