A Real Academia Galega homenaxeará a Luis Seoane no Día da Poesía

GaliciaXa | ACoruñaXa
O acto da celebración terá lugar na Fundación Luis Seoane coa participación de recoñecidos escritores e investigadoras
Seoane_2025_corunha
15 Mar 2025

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o vindeiro Día da Poesía a Luis Seoane, unha das figuras máis destacadas da cultura galega. O acto central da celebración terá lugar o xoves 27 de marzo, ás 19.00 horas, na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña) e propoñerá unha aproximación interdisciplinaria á obra do artista e escritor.

O evento contará coa participación de recoñecidos escritores e investigadoras como Xesús Fraga, Helena González, Carlos Negro, Alba Cid, Anxo Angueira, Oriana Méndez, Baldo Ramos e María do Cebreiro, que abordarán diferentes dimensións da creación de Seoane. A parte musical correrá a cargo de Tino Baz, quen achegará o seu talento á celebración.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica María López-Sández serán os encargados de abrir a xornada. López-Sández coordina tamén a edición especial que recolle todas as contribucións baixo o título Luis Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso. As persoas asistentes recibirán un exemplar desta plaquette conmemorativa, que tamén estará dispoñible para descarga na web academia.gal.

O acto, de entrada libre, poderá seguirse en directo a través da mesma páxina web da Academia. Esta iniciativa da Sección de Literatura da RAG conta co apoio do Concello da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.13752603530884