‘A provincia que sabe’ leva a súa oferta gastronómica á feira Intur de Valladolid

ACoruñaXa
A Deputación da Coruña promocionará os produtos da provincia con cociña en vivo, degustacións e showcookings
Naír González Fórum Barcelona
Naír González no Fórum Barcelona
14 Nov 2024

Valladolid acollerá desde este venres e ata o domingo a vixésimo sétima edición de Intur, a Feira Internacional de Turismo de Interior, que reúne máis de 1.200 destinos. Na cita, o departamento de Turismo da Deputación da Coruña levará a súa marca ‘A provincia que sabe’ para promover a rica oferta gastronómica da provincia, que contará con degustacións de produtos de A Castrexa (Cambre), Cafés Aruba e Empanadas Ternura (A Coruña). Ademais, Nair González, chef do Restaurante Muelle 43 (Mugardos), realizará showcookings en directo para todos os visitantes.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que Intur é un escaparate ideal para promocionar a provincia, que ofrece moito máis que turismo rural, incluíndo tamén natureza e gastronomía. "O interior da provincia ten un atractivo incuestionable, malia ser menos coñecido que a súa costa", subliñou, facendo referencia ás zonas de Santiago, Ordes e Ulla-Tambre-Mandeo.

Programa de actividades

Venres 15 de novembro

  • 11:00-13:00 h | Degustación de Café Arábica 100%, de Cafés Aruba.
  • 13:00 h | Showcooking con Nair González (Restaurante Muelle 43), con pratos como navallas á prancha con aceite de cítricos e alga ‘codium’ e polbo á mugardesa.
  • 14:00 h | Presentación e degustación de empanada tradicional galega, de Empanadas Ternura.
  • 16:00-18:00 h | Degustación de Café Arábica 100%, de Cafés Aruba.
  • 16:00 h | Presentación e degustación de produtos d’A Castrexa.

Sábado 16 de novembro

  • 11:00-13:00 h | Degustación de Café Arábica 100%, de Cafés Aruba.
  • 13:00 h | Showcooking con Nair González (Restaurante Muelle 43).

Domingo 17 de novembro

A Deputación de A Coruña contará cun espazo propio onde os visitantes poderán coñecer as propostas gastronómicas e turísticas do interior da provincia e levarse material informativo sobre os xeodestinos da zona.

0.17172908782959