A Provincia de Coruña leva unha ampla representación na Xuntanza Minibasket

A provincia da Coruña acudirá con dobre lista de convocados á Xuntanza Minibasket do 1 de novembro, cun marcado acento de clubs da comarca. A xornada celebrarase en Esteiro e servirá para medir o nivel competitivo da canteira e favorecer a convivencia entre xogadoras e xogadores das distintas zonas.
Na selección feminina + temos a Julieta Carballido Puñal do CB Culleredo; a Andrea Matos Ares, Elena Lago Flores, Icía González Ripoll e Cristina Nimo Martínez do CB Montrove; a Carlota Pardo Varela da Compañía de María; a Ecaterina Villares Craciunescu e Carla Pereira Trautvetter do Básquet Coruña; e a Noa Muiño Otero e Renée Tenreiro Manteiga do CB Maristas.
Na selección masculina figuran Leo Ibáñez Bande, Antón Sánchez Piñeiro, Martín Eiras García e Daniel García Busto do Básquet Coruña; Denis Vale Dablanca e Diego Vidal Fernández do CB Culleredo; Mauro Santos Corgo do CB Montrove; Roi Sánchez Costoya e Martín Tomé Sánchez do CB Golfiños Sada; e Eduardo Seijo Rubal de Esclavas.
A cita celebrarase en Ferrol o 1 de novembro, organizada pola FEGABA en colaboración co Concello de Ferrol, e terá como sedes o Pavillón de Esteiro e o Colexio de Esteiro.
