A primeira edición do circuito profesional Ultimate Padel Tour xa ten os seus gañadores

A cidade da Coruña acolleu esta semana o torneo inaugural da primeira edición do circuito profesional Ultimate Padel Tour no recinto feiral de Expocoruña, no que participaron un total de 128 parellas xogadoras.
Jessica Castelló e Claudia Jensen foron as gañadoras da categoría feminina, xunto con Javi Ruiz e Pablo Cardona na masculina. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, fíxolle entrega do trofeo do A Coruña Open, proba inaugural do novo torneo internacional.
Castelló e Jensen proclamáronse gañadoras da proba inaugural ao impoñerse 6-1 e 6-4 a Virginia Riera e Sodía Araújo na final. Ruiz e Cardona gañaron os tres sets contra Javi Leal e José Antonio García Diestro, con 5-7, 6-4 e 6-2 na final.
De xeito paralelo á celebración do torneo, o Concello e a Federación Galega de Pádel ofertaron un clínic en Expocoruña ao que acudiron nenos e nenas da cidade, así como deportistas federados, a practicar este deporte xunto a profesionais.