A praza Pablo Iglesias acolle unha mañá de xogos, obradoiros e música para nenos

A praza Pablo Iglesias, situada no barrio do Castrillón, será escenario o domingo 24 de agosto dunha xornada de dinamización infantil dentro do programa de mercados ecolóxicos de barrio promovido polo Concello da Coruña.
Entre as 10.00 e as 15.00 horas, as familias poderán gozar de xogos, obradoiros creativos e música pensada para os máis pequenos e pequenas. A programación inclúe un espazo de dinamización infantil, un stand dos desexos e un obradoiro de refugallo titulado “Medusiñas”, gratuíto e con aforo limitado a 15 participantes, coas inscricións abertas desde as 10:00 horas no propio mercado.
A xornada culminará cun concerto infantil de Félix Arias ás 13.00 horas, recomendado para nenos e nenas de 0 a 4 anos.
Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno de Inés Rey por achegar o comercio local, o consumo responsable e as propostas culturais aos barrios, fomentando espazos de encontro veciñal e ocio saudable en familia.