A Praia de Miño acollerá a primeira Travesía a Nado do municipio

ACoruñaXa
A proba forma parte do XXI Circuito Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas e as inscricións están abertas ata o 8 de setembro
MIÑO I travesia a nado
3 Sep 2025

Miño, 2 de setembro de 2025 | A I Travesía a Nado Praia de Miño celebrarase o próximo 13 de setembro, integrándose no XXI Circuito Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 8 de setembro a través da plataforma oficial.

O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado por Juan Carlos Brion, presidente da FEGAN (Federación Galega de Natación); Jesús de la Fuente e Dolores Sar, presidentes do CN Culleredo e CN Liceo, respectivamente; e David Hernaez, secretario do CN Liceo.

Durante a presentación destacou a importancia da proba para fomentar o deporte e a participación cidadá, así como para promocionar a natación en augas abertas na comarca.

A organización anima á veciñanza e aos deportistas da zona a participar nesta primeira edición, que promete ser un evento deportivo de alto nivel competitivo e unha oportunidade única para gozar da Praia de Miño.

⚙ Configurar cookies
0.15782308578491