A Policía Local de Culleredo detén catro persoas sorprendidas cando tentaban roubar en trasteiros na Corveira

ACoruñaXa
A intervención produciuse na madrugada do sábado 17 de xaneiro nun edificio da rúa Amparo López Jean, onde a alerta da veciñanza foi clave e os arrestados levaban ferramentas para forzar portas
CULLEREDO policia
19 Jan 2026

A Policía Local de Culleredo detivo a catro persoas (tres homes e unha muller) tras sorprenderlas cando, presuntamente, tentaban roubar en trasteiros nun edificio da rúa Amparo López Jean, na Corveira. Os feitos ocorreron na madrugada do sábado 17 de xaneiro.

Segundo a información facilitada, os axentes comprobaron que o grupo levaba material e ferramentas destinadas a forzar a entrada nos cuartos. A actuación policial foi posible grazas á colaboración veciñal: residentes da zona avisaron da presenza de individuos sospeitosos, o que permitiu activar o dispositivo e frustrar o roubo.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial e non se descarta que poidan estar relacionadas con outros episodios similares rexistrados nos últimos días. Desde o Concello agradeceron a cooperación cidadá e lembraron a importancia de avisar de inmediato á Policía Local ou á Garda Civil ante calquera indicio de actividade delituosa.

⚙ Configurar cookies
0.082450151443481