A poeta palestina Rafeef Ziadah dará un recital na Coruña o 15 de abril
A poeta palestina Rafeeh Ziadah, unha poetisas máis coñecidas a nivel mundial, pasará pola Coruña o próximo 15 de abril cun recital no que a poesía irá acompañada pola música en directo de Phil Monsour.
O evento será no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña e entrada será de balde ata completar aforo.
A través dunha proposta que leva ao público cara a profundidade de temas como a guerra, o exilio, o xénero e o racismo, Rafeef Ziadah é coñecida e recoñecida polas súas performances e pola viralidade das súas propostas. Poemas como 'We teach life' ('Nós ensinamos vida') deron a volta ao mundo poñendo sobre a mesa os efectos do xenocidio sobre o pobo palestino.
O seu último álbum 'Three Generations' ('Tres xeracións'), invita a unha conmovedora viaxe a través de Palestina e o Mar mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, 'We teach life', no que a forza da palabra de Rafeef Ziadah únese á música orixinal, xerando un forte impacto no público cos seus recitais.
Este evento conta co apoio da Deputación da Coruña, coa organización de Pallasos en Rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, e a colaboración de Galiza por Palestina, a AC Alexandre Bóveda, BDS Galiza e Sugxpal.