A plataforma Arteixo Futuro propón subir un 150% o IBI dos propietarios tres ou máis vivendas

ACoruñaXa
Sinalan que con esta medida facilitaríase o acceso a unha vivienda digna, mentres que non impactaría nos pequenos propietarios
Vista+de+Arteixo
2 Dec 2025

A plataforma Arteixo Futuro propuxo esta mañá unha batería de iniciativas co obxectivo de solventar o problema de acceso a fogares dignos en Arteixo, a primeira delas, a suba do IBI o 150% a partires da terceira vivenda en propiedade como acción contra a especulación.

O think tank local explica que que cada vez máis municipios, entre os que destacan San Xoán de Río, Santiago de Compostela, Lugo ou Lekeitio, no País Vasco, están a aplicar esta medida, implantando o máximo legal permitido deste imposto local para incentivar a posta en marcha do seu alugueiro ou a súa venda a un prezo axeitado
Nos casos mencionados, subliñan dende Arteixo Futuro, os gobernos locais están constituidos por formacións de diferente cor, unha situación que “evidencia que existe una diagnose semellante no tocante ao acceso á vivienda”.

A proposta forma parte do ‘Plan de Choque Dereito ao Teito’ que está a elaborar esta plataforma e que poñerá sobre a mesa a necesidade dun investimento de dous millóns de euros para atallar prezos de alugueiro que superen os 1.000 euros ou que empregan o “alugueiro de tempada” como fórmula especulativa.

Así, explican, a suba do IBI a partires da terceira vivenda non impactaría nos pequenos propietarios que teñen unha vivenda de uso habitual e outra que poden alugar ou mesmo rehabilitar para este fin, xa que explican, dende Arteixo Futuro tamén traballan en propostas tendentes a axudalos a poñer en marcha estes pisos.

Non obstante a localidade posúe máis de 3.500 vivendas baleiras, sendo o segundo municipio da provincia da Coruña con maior número de pisos nestas condicións, o que para Arteixo Futuro “supón unha incongruencia cando se miran os prezos de venda ou alugueiro en coñecidas plataformas inmobiliarias”.

⚙ Configurar cookies
0.077013969421387