A piscina do complexo deportivo do Carregal pecha esta mañá por unha incidencia técnica

A piscina do complexo deportivo do Carregal permanecerá pechada durante a mañá debido a unha incidencia técnica rexistrada na pasada noite, segundo informou o Concello de Betanzos a través das súas canles oficiais.
Desde o goberno local sinalan que irán actualizando a información e comunicarán cando a instalación poida reabrir con normalidade. O Concello pediu desculpas polas molestias que este peche puntual poida ocasionar ás persoas usuarias.
Actualización:
O servizo de piscina do Complexo Deportivo O Carregal quedou restablecido as 15:00 horas.