A parroquia de Santiago de Ois, en Coirós, prepárase para celebrar as súas festas patronais

ACoruñaXa
A celebración consta de dous días e un programa que combina actos relixiosos, música e baile
Imaxe da casa do Concello de Coirós
22 Jul 2025

A parroquia de Santiago de Ois, no concello de Coirós, celebra esta semana as festas en honra ao seu patrón, Santiago Apóstolo. As actividades desenvolveranse durante dous días, o xoves 24 e o venres 25 de xullo, cun programa que combina actos relixiosos, música e baile.

O xoves, a xornada festiva comezará ás 14.15 horas cun baile, mentres que pola noite haberá verbena amenizada por unha orquestra e un DJ con discoteca móbil. O venres 25, día grande da celebración, está prevista unha misa solemne ás 13.15 horas. A continuación, terá lugar un novo baile ao mediodía, e xa pola noite repetirase a verbena con orquestra.

A comisión organizadora quixo agradecer publicamente “a colaboración dos veciños, anunciantes e colaboradores anónimos que fan posible a celebración”. As festas contan, ademais, co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Coirós.

 

⚙ Configurar cookies
0.174232006073