A parroquia de San Vicente de Vigo celebrará a súa festa de inverno

ACoruñaXa
Haberá misa solemne, sesión vermú con música e, de oferta gastronómica, callos
san-vicente-vigo-carral
28 Jan 2025

A festa de inverno de San Vicente de Vigo, no Concello de Carral, que fora aprazada debido ás inclemencias meteorolóxicas, celebrarase finalmente este domingo, 2 de febreiro. A festividade arrancará ás 12.00 horas cunha misa solemne e continuará coa tradicional sesión vermú, que contará co acompañamento musical do Dúo Dilema.

A organización prepara unha carpa grande onde se servirán callos de xeito gratuito con cada consumición, para que todos os asistentes poidan desfrutar da festa en boa compañía e con ambiente festivo. Así, promete ser unha xornada chea de diversión, música e boa gastronomía.

0.16435384750366