A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música de Oleiros dará un concerto de balde este domingo

A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música de Oleiros ofrecerá un concerto no Parque da Lagoa de Mera.
A actuación será este domingo 26 de maio, ás 12.30 horas. Esta actuación contará coa participación do alumnado da Escola Municipal de Danza e do Coro La Tremenda Tremolina.
Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía. Ao longo das vindeiras semanas continuarán organizándose distintos concertos e espectáculos en diferentes espazos públicos do Concello.