A Orquestra de Malabares actúa o sábado 16 xunto a banda municipal de Oleiros

ACoruñaXa
O espectáculo está dirixido a todos os tipo de público e terá unha duración de 75 minutos
Cartel da Orquesta de Malabares
11 Mar 2024

O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o sábado 16 de marzo ás 20.30 horas un espectáculo de novo circo e música: Orquestra de Malabares coa Banda Municipal de Música de Oleiros.

O espectáculo está dirixido a todos os tipo de público e terá unha duración de 75 minutos.

Orquestra de Malabares é un espectáculo de Pistacatro Productora de Soños, dirixido por Pablo Reboleiro; que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no ar os sentimentos e emocións que transmiten a música e o circo.

Xunto a eles, a banda municipal de Oleiros e os seus músicos participarán case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fóra do común mesturando nun único espectáculo instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistrais obras clásicas con pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

As entradas do evento teñen un prezo de 6,00 euros e poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas (ata completar a capacidade da sala), soamente se permitirá retirar un máximo de cinco entradas por persoa.

0.18945693969727