A obra de teatro 'O pequeno pónei' chega este venres a Culleredo

ACoruñaXa
O acceso á función é gratuito, pero será préciso reservar un pase de entrada
Imaxe da obra de teatro 'O pequeno pónei'
22 Abr 2024

O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo acolle este venres 26 de abril a partir das 20.30 horas a obra teatral ‘O pequeno pónei’ de Redrum Teatro. Esta actividade pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O acceso ao evento será gratuíto, con previa reserva, que se poderá realizar dende este luns de 18.00 a 21.00 horas no 981 66 55 97 ou de maneira presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, no mesmo horario.

A obra, baseada nun feito real, ‘O pequeno pónei’ trata sobre o acoso escolar que sofre un neno de dez anos que acode a clase cunha mochila baseada na súa serie animada preferida. Está dirixida a público adulto, interpretada por Laura Míguez e Guillermo Cabrajo e dirixida por Álex Sampayo sobre texto do prestixioso dramaturgo Paco Bezerra.

Un traballo que versa sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo. Que expón cuestións sobre se o mundo é un lugar habitable para as persoas diferentes, se as escolas son un lugar seguro para as nenas e nenos que son diferentes ou se o seu propio fogar é un lugar seguro para alguén distinta á maioría.

0.12651300430298