A obra de teatro 'Iribarne' esgota as entradas para a súa función dobre na Coruña

ACoruñaXa
A obra que conta con dúas candidaturas aos Premios Max á mellor actriz e a mellor deseño de iluminación estará no Teatro Rosalía de Castro esta fin de semana
A obra de teatro 'Iribarne' agotou as entradas na Coruña
13 Mar 2024

A obra de teatro 'Iribarne' da compañía ButacaZero, chega esta semana ao Teatro Rosalía de Castro con dúas funcións que xa esgotaron as súas entradas hai semanas.

A revisión da figura do ex-político Manuel Fraga, que foi presidente da Xunta de Galicia, en clave de humor escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida polo coruñés Xavier Castiñeira estará na cidade herculina o venres 15 e o sábado 16 de marzo, ambas as dúas sesións ás 20.30 horas.

A platea ateigada está a ser a norma da xira galega de IRIBARNE desde a súa estrea en Vilalba en xaneiro e, de feito, a obra xa pasou por Santiago, Pontevedra e Vilagarcía e tamén alí esgotou as entradas. Esta boa acollida engádese á experimentada por IRIBARNE en Madrid o pasado outono, onde a peza estivo en cartel un mes completo e acadou o aplauso unánime do público e da crítica.

'Iribarne' que é unha coprodución de ButacaZero co Centro Dramático Nacional (CDN) e coa MostraInternacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, tamén ten previsto recalar en Lugo o 11 abril, en Tomiño o 20 abril, en Cangas o 4 maio, en Bilbao o 9 maio, en Narón 0 18 maio, en Vitoria 0 7 xuño e en Ribadavia en xullo.

Ademais, recentemente fixéronse públicas as candidaturas aos Premios Max, principais galardóns estatais de artes escénicas, e nesta primeira fase dos galardóns 'Iribarne' obtivo dúas candidaturas: a de Lidia Veiga á mellor actriz e a de Diego Vilar ao mellor deseño de iluminación.

0.15599584579468