A obra de teatro Boa sorte, mala fama' chega este venres ao Auditorio de Culleredo
O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples acollerá este venres a obra de teatro de Tarabela Creativa 'Boa sorte, mala fama', un espectáculo que mestura teatro, narración oral e música en directo. A obra está escrita e dirixida por Carmen Conde, coas actuacións de Natasia Zürcher e Mariña Peña.
O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas no Auditorio do edificio de Servizos Múltiples e forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Aborda o tema da migración da comunidade galega e a procura da boa sorte. Ofrece unha reflexión sobre a importancia do fogar, a comunidade e a superación.
É importante destacar que esta obra é completamente gratuíta, como parte do compromiso do Concello de ofrecer acceso universal a eventos culturais de alta calidade para todos os seus veciños.
Contacontos de Dragona Ramona
Ademais, este xoves o Concello o contacontos coa Dragona Ramona 'Dez gatiñas viaxeiras', destinada a nenas e nenos de 3 anos en diante, que lles fará gozar dunha tarde especial.
A partir das 17.30 horas na Biblioteca Municipal Cardeso Liñares de Vilaboa.