A néboa volve colapsar Alvedro e obriga a desviar voos e cancelar rotacións

A densa néboa coa que espertou este luns a comarca da Coruña puxo contra as cordas, unha vez máis, a operativa do aeroporto de Alvedro. O que comezou con saídas salvadas por pouco acabou nunha cadea de incidencias que deixou mostradores e corredores ateigados de viaxeiros á procura dunha recolocación urxente.
O maior contratempo chegou coa conexión de Air Europa desde Madrid: o voo previsto para tomar terra a primeira hora non puido completar a aproximación e o piloto decidiu regresar a Barajas. O efecto foi inmediato, xa que se cancelou tamén a rotación de volta desde Alvedro. A néboa obrigou ademais a desviar a Santiago dous chegadas máis, unha procedente de Madrid e outra de Barcelona, o que volveu tensionar a loxística en terra.
Aena confirmou que as alteracións responderon a ‘meteorolóxica adversa’, con desvíos e cancelacións asociadas. No caso de Vueling, a compañía matizou que non houbo cancelación como tal e que a operativa se reconducíu saíndo desde Santiago, trasladando á pasaxe en autobús para poder manter a viaxe.
No caso do voo desviado a Lavacolla, tamén se activou un traslado por estrada para levar as persoas afectadas ata A Coruña e dar saída á incidencia.