A música volve converterse en solidariedade na Coruña co concerto benéfico ‘Un recordo feito música

A Coruña acolle este martes 23 de decembro o concerto solidario ‘Un recordo feito música’, unha cita benéfica que reunirá no Auditorio da Sede Afundación (Cantón Grande, 8) a músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), estudantes do Conservatorio do Colexio Obradoiro e o cantautor ferrolán Andrés Suárez, nunha proposta que busca transformar un recordo persoal nunha causa colectiva.
¡O recital está concibido como unha homenaxe e destinará a recadación á Asociación Párkinson Galicia-Coruña, entidade que traballa desde 1996 para mellorar a calidade de vida das persoas con párkinson e parkinsonismos e das súas familias.
O programa combina pezas de repertorio clásico con formacións de cámara e participación de novos intérpretes. Entre os autores incluídos figuran Tchaikovsky, Bartók, Goltermann, Sarasate, Shostakovich, Rachmaninov, Vivaldi ou Telemann, nun ‘menú’ musical variado que se completará coa intervención de Andrés Suárez como colaboración especial. A dirección artística recae en Rosalía Vázquez García e a presentación correrá a cargo da xornalista Raquel Rosa Cid.