A música e a tradición protagonizan a fin de semana en Culleredo co Outubro Folk

ACoruñaXa
A Agrupación Folclórica Ancoradoira celebra o seu 35º aniversario cun programa para todas as idades os días 24 e 25 de outubro na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo
CULLEREDO outubro folk
24 Oct 2025

Culleredo quenta motores para unha fin de semana de música, baile e cultura popular coa celebración do Outubro Folk este venres 24 e sábado 25 de outubro na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. A cita, organizada pola Agrupación Folclórica Ancoradoira —que conmemora o seu 35º aniversario—, conta coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña. Ademais das actuacións, haberá sorteos durante a xornada do sábado grazas ao apoio do comercio local.

O programa arrinca o venres 24 ás 19.00 cos cantos de taberna, que percorrerán 16 establecementos de O Burgo e culminarán ás 22.00 cunha foliada libre na explanada. O sábado 25 abrirá ás 12.00 co festival infantil, con Os Rueiriños, a Agrupación Cultural La Madreña e a AF Ancoradoira. Ás 13.30 celebrarase un xantar popular cunha gran paella, e desde as 15.00 desenvolverase o CullerFolk, con Xilbatuxeiras, Amigos da Gaita, Aire e Pau, As Raiñas ao lado de… e a propia Ancoradoira. A música continuará ás 19.00 cun pasarrúas por O Burgo e, xa pola noite, o Festival Folclórico do 35º aniversario de Ancoradoira con Meigas e Trasgos, La Madreña e a agrupación anfitrioa. O peche chegará ás 22.00 cunha foliada aberta.

⚙ Configurar cookies
0.076364994049072