A mostra pictórica de Pilar Alamillo Sanz estará exposta no Centro Cultural A Fábrica
ACoruñaXa
A exposición estará aberta ao público do 12 ao 26 de febreiro

9 Feb 2025
O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá a partir do mércores 12 de febreiro a exposición de pintura da artista Pilar Alamillo Sanz. A mostra estará aberta ao público ata o 26 de febreiro, permitindo que os visitantes poidan desfrutar das obras de Alamillo Sanz nun espazo de referencia cultural do municipio.
O horario para visitar a exposición será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas, e os sábados de 10.00 a 13.30 horas. A entrada á mostra é libre, e convidase á cidadanía a achegarse para gozar da proposta artística desta pintora.
Esta exposición é unha excelente oportunidade para mergullarse no mundo da arte contemporánea e coñecer o traballo dunha das artistas máis destacadas do momento na nosa contorna.