A mostra ‘Compartindo fantasías’ reúne en Perillo a pintura de Josefina Ontiveros e Pilar Cepedello

ACoruñaXa
A exposición poderá visitarse do 18 de febreiro ao 4 de marzo no Centro Cultural A Fábrica, con inauguración o mércores ás 20.00 horas
OLEIROS expo pintura
14 Feb 2026

O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o 18 de febreiro a exposición de pintura ‘Compartindo fantasías’, unha proposta con obras de Josefina Ontiveros e Pilar Cepedello. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de marzo, ampliando a oferta cultural do espazo con traballos que convidan á imaxinación e ao xogo visual.

A inauguración terá lugar o mércores 18 de febreiro ás 20.00 horas na propia Fábrica. O horario de visita será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas, e os sábados de 10.00 a 13.30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.0865318775177