A menopausa será a protagonista dunha charla en Cambre

ACoruñaXa
Un encontro en Vila Concepción achegará unha visión positiva sobre esta etapa vital
menopausia cambre
20 Nov 2024

O próximo mércores, 27 de novembro, Cambre acollerá unha charla dedicada á menopausa, baixo o lema "Un tempo para coidarte e abrazar o cambio". O evento, organizado polo Servizo Galego de Saúde, terá lugar na Casa da Cultura Vila Concepción ás 17:30 horas e será impartido pola matrona Diolitza Cajigal Leonett.

A sesión busca ofrecer unha aproximación sinxela e clara ao que significa adentrarse na etapa menopáusica, destacando a importancia do autocuidado e da aceptación dos cambios que esta trae consigo.

A actividade é aberta a todos os públicos e non precisa inscrición previa.

0.1820170879364