“A Memoria da Ditadura”: curso en Santiago os días 26 e 27 con especialistas que revisan o franquismo 50 anos despois

A Fundación Luís Tilve, en colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP Galicia 25), celebrará os días 26 e 27 de setembro o curso “A Memoria da Ditadura” na Facultade de Xeografía e Historia da USC (aula 5, Praza da Universidade, 1). O obxectivo é analizar o réxime franquista con rigurosidade histórica e metodolóxica, promover a verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición e difundir as achegas máis recentes da investigación académica.
O programa inclúe relatorios de Xosé M. Núñez Seixas, Lourenzo Fernández Prieto, Jesús Manuel García Díaz, Emilio Grandío, Manuela Aroca Mohedano, Julio Prada Rodríguez e Mariano Sánchez Soler o venres 26 (09.30–20.00). O sábado 27 intervirán Nicolás Sesma e Montse Fajardo Pérez (10.00–12.00), e celebrarase unha mesa redonda sobre a busca da liberdade baixo o franquismo moderada por Antonio Míguez Macho con Salvador Fernández Moreda, José López Orozco, Fernando González Laxe e Fernando Salgado García (12.00–13.30), antes da clausura (13.30–14.00).
O curso, dirixido por Guillermo Pérez Agulla e coa secretaría de Rocío Botana Iglesias, está aberto ao público en xeral e a alumnado de ámbitos afíns. A matrícula realízase a través da agenda da UIMP; o prezo ordinario é de 47,5 € (25 € + taxas para tarifa A), con descontos indicados na web. A organización lembra que, por motivos alleos á UIMP, o programa pode sufrir variacións.